TITA, Un espectáculo teatral sobre a intelixencia emocional

Monicreques e teatro actoral | Infantil e familiar (+5) | 50 min

SINOPSE

Tita é un espectáculo teatral sobre a intelixencia emocional onde invitamos aos espectadores máis pequenos e ás súas familias a viaxar por un mar de emocións na vida da nosa querida Tita. Dende un espectáculo con monicreques, teas, botellas plásticas e obxectos varios coñeceremos da man das titiriteiras Mirari e Larraitz Urruzola, as causas do desacougo do personaxe de Tita e axudarémola para que saiba como actuar cando ten medo, ganas de chorar, ou está enfadada para conseguir sobre poñerse e recuperar o amor.

FICHA ARTÍSTICA

Autoría: Gabriel Penabade Outeiro “Lucho”.
Dirección: Nekane Fdez. e Lucho Penabade
Actrices e manipuladoras: Mirari e Larraitz Urruzola.
Espazo sonoro: Merran Laginestra.
Escenografía: Mirari Urruzola

Pin It on Pinterest

Comparte