TÍTERES BABALUVA

En maio do 2008, Mirari e Larraitz Urruzola, despois de máis de 20 anos de traxectoria na produción de espectáculos de monicreques de diversas técnicas de manipulación  para público infantil forman a compañía de Títeres Babaluva. Tanto nos seus espectáculos como nos obradoiros que imparten planifican as estratexias innovando estéticas e contidos co fin de animar á lectura, recuperar a tradición oral, divulgar coñecementos científicos, sensibilizar sobre a situación ambiental, fomentar actitudes de respecto á diversidade, formar individuos críticos e conscientes, construír sociedades tolerantes e sustentables. Nos seus proxectos fan visible o traballo de mulleres adicadas a diferentes facetas artísticas a través dos títeres, a narración oral, as experiencias para bebés, o xogo…etc. As súas últimas montaxes son TITA, Un espectáculo teatral sobre a intelixencia emocional e Minia convídate a xogar, un espectáculo de instalación de xogo para a primeira infancia.

Pin It on Pinterest

Comparte