A Fiestra dos soños

Espectáculo musical | 60 min | TP

A fiestra dos soños é un libro de poemas ilustrados e musicados editado por Galaxia e dirixidos principalmente ó público infantil e familiar. A parte literaria componse de trece poemas cunha temática que supón un canto á natureza. Deste traballo resulta un espectáculo musical en forma de concerto para o público miúdo. Os poemas convértense en cancións que recollen todo tipo de influencias e ritmos, variedade de compases, cambios de tonalidade, etc. Con unha liña que bebe das músicas populares do mundo e que atravesa cada un dos temas para darlle unidade, e con unhas melodías de gusto exquisito que xunto cos textos converten as pezas en idóneas para o pracer de grandes e pequenos.

A fiestra dos soños é, pois, un proxecto non para pequenos nin para adultos, se non para soñadores e soñadoras. A propia fiestra abre unha porta para futuras posibles edicións de máis conxuntos de soños.

Forman este proxecto: Manuel Boquete (guitarras e baixo), Ramón Feáns (guitarras, bouzouki, mandolina, teclados, programacións), Nadia Fonseca (voz), Roberto Grandal (acordeón) e Dani Riveiro (batería e percusión).

Pin It on Pinterest

Comparte