UKESTRA DO MEDIO

A Ukestra do Medio é un grupo de ukuleles que nace en Santiago de Compostela a finais de 2013 facendo versións de diferentes músicas con ukuleles, baixo e caixón: de clásicos do rock’n’roll, country, swing ou pop a músicas tradicionais galegas ou portuguesas, tangos, bossanovas, cúmbias ou boleros. Durante os primeiros anos percorren Galicia tocando ao vivo en pequenos bares, salas, centros sociais e algúns festivais.

En 2017 colaboran co grupo Os Novos na gravación do seu single “Assalto Acústico” e a finais de ano editan un CD de 4 temas titulado “em princípio…” que presenta nunha mini-gira polo Reino Unido e posteriormente en concertos e festivais de Galicia e Norte de Portugal.

No ano 2020 lanzan “Outras Lérias”, un disco no que por primeira vez presentan músicas propias, todas elas cantadas e lingua galega e con influencias que van desde o pop máis intimista ao surf, power-pop ou country, feito con ukuleles, baixo e caixón. Non por iso deixan de adaptar músicas dos seus artistas favoritos como The Housemartins, Suso Vaamonde, Roger Miller ou o Roberto Carlos dos anos ’60.

Ukestra do medio é unha das bandas Finalistas do XII Certame Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais en 2020 organizado pola Deputación da Coruña.

FICHA ARTÍSTICA

Alberte Leis: Baixo acústico e voces
Kátia Mera: Uke soprano, uke de concerto e voces
Yolanda Porto: Caixón, percusión e voces
César Parcero: Uke barítono, uke tenor, mandolina e voces
Sara Piñeiro: Uke tenor, uke barítono e voces
Alfonso Collazo: Uke tenor e voces

Xurxo Piñeiro: Técnico de son

Pin It on Pinterest

Comparte