
Narración oral e obxectos | Público infantil e familiar (+3 ) | 50 Min
SINOPSE
Utopías é un espectáculo dirixido a todos os públicos que combina a narración oral e a manipulación de obxectos. A través de diversas historias iremos descubrindo eses mundos invisibles que nos rodean, esoutros xeitos de vivir. Ratos na procura de novos camiños, rapazas que soben e baixan escaleiras e parrulos, moitos parrulos. Se queres vivir novas aventuras, achégate ao mundo das utopías e déixate levar.
FICHA ARTÍSTICA
Dirección / Interpretación: Atenea García
Vestiario e obxectos: Nicolás Zamorano