BUTACAZERO + INHERENTE TEATRO

VELLIÑAS

Espectáculo de rúa |Todos os públicos | 40 minutos

SINOPSE

Velliñas e tenra historia de Ramona, Filomena en Anabel, tres veciñas que día a día se achegan á apraza da vila para facer compañía as pombas. Pero un bo día algo novo distrae a súa rutina: unha cuncha de vieira. Este suceso dará pé para que Filomena, a máis festeira, desexe emprender unha nova aventura: chegar a Santiago andando. Por suposto Ramona, a rosmona, négase en canal: onde van ir elas tres? Anabel, apoucadiña como é, non sabe que dicir: por una parte iría pero por la outra… Filomena non desiste no seu empeño e consegue como pode convencer a Ramona. E Anabel xa se sabe: o que digan as dúas que sexa para as tres. Así arranca este espectáculo de rúa no que tres personaxes entrañables emprenden un camiño que nos permite reflexionar sobre os medos que nos impiden seguir para adiante, os obstáculos que nos atopamos cada día, e os problemas de convivencia cos que temos que lidar. Pero sobre todo Velliñas é unha homenaxe a todos os nosos e nosas maiores: un canto teatral que nos empurra a non desistir no noso empeño, sexa cal sexa a idade.

No espectáculo empréganse máscaras larvarias. As máscaras larvarias son orixinarias de Basilea, Suíza, onde se usan no seu entroido coñecido como Basler Fasnacht. Toman o nome de larvas polas súas formas redondeadas ou afiadas, indefinidas e moi sinxelas, sen pintar, inacabadas … Como nun estado transitorio cara a outro lugar, tamén non definido, que lle proporcionará o actor ou á actriz.

FICHA ARTÍSTICA

 

Elenco: Pía Nicoletti, Noelia Blanco e Noa Covelo

Dramaturxia: Xavier Castiñeira

 

 

Pin It on Pinterest

Comparte