VERDE QUE TE QUERO VERDE

Encontros culturais nos parques

Co verán chega o momento de gozar do sol, do tempo libre e das zonas verdes do concello de Narón. Así pois, con VERDE QUE TE QUERO VERDE búscase crear unha proposta que una o ocio e a cultura en varios encontros para todos os públicos na hora do vermú durante diversos domingos do verán. Deste xeito, os parques do concello potencian a súa vida e convírtense en lugares de socialización e desfrute entre a veciñanza de Narón.

 

Pin It on Pinterest

Comparte