VIVE O CAMIÑO

CAMIÑO PORTUGUÉS E PORTUGUÉS POLA COSTA

O programa “Vive o camiño” avanza ao longo dos concellos galegos polo camiño Portugués e Portugués da costa durante os meses de xuño a setembro do 2018. Coa intención de promocionar as rutas xacobeas celebraranse un total de 44 actuacións dirixidas a todos os públicos, achegando propostas musicais e de artes escénicas xunto cunha exposición destes dous camiños. Así coma o seu nome indica, a temática escollida coma fío condutor das actuacións son os camiños, mais tamén a interculturalidade e o coidado da natureza.

 

Pin It on Pinterest

Comparte