XAROPE TULÚ

Xarope Tulú é unha compañía de teatro fundada no ano 2015 por Atenea García e Nicolás Zamorano e adicada ás artes escénicas para cativos e cativas. Estrean a súa primeira peza A miña primeira viaxe na Coruña, en febreiro de 2015. Este proxecto ten como principal obxectivo achegar o teatro ás crianzas. Este colectivo considera que a experiencia escénica permite medrar dun xeito libre e creativo, favorece o descubrimento doutros mundos posibles e provoca a creación dun  espazo para a reflexión. As artes escénicas son, en definitiva, unha marabillosa escola para a vida. Á hora da creación e composición dos seus espectáculos a compañía tenta achegar entre si as diferentes linguaxes escénicas: o teatro de obxectos, a música, a interpretación teatral e a narración oral entre outras, procurando non aferrarse a un único estilo interpretativo. Na actualidade traballan na súa montaxe Nómades, o traballo máis ambicioso da compañía dirixido por Gena Baamonde.

Pin It on Pinterest

Comparte