XIAO BERLAI

A beleza está nas “flores que nacem do cimento”. Así comeza Berlai a súa Cas Berlai.
Unha casa da aldea que non esquece as que están a medio construír. Casas que son esqueleto de formigón (como preludios de ilusións rotas). Moi perto das estéticas galegas onde non hai cidades sen berzas nin aldeas sen ladrillos ou mini-parques industriais. Alí onde o millo necesita cintas de balizamento policial.
En Cas Berlai, cántase á rutina, á beleza do cotiá. E así cada canción convértese nun espazo da casa. Un espazo vivo, con pasado, presente e cargado de futuro. Cargando o concerto dun canto desconfinado. Berlai é música Indie rururbana, ou como tamén nos chaman: Punk elegante. Berlai pode ofrecer distintos formatos de concertos que se adaptan a diferentes ocasións.  Concertos onde a música dialoga coa ilustración convertendo o seu directo nunha experiencia única, ou concertos onde o canto á vida cotiá nos axuda a desconfinar o espírito, ou concertos onde a mestura de temas enche de forza o espectáculo musical. 

FICHA ARTÍSTICA

 

Pin It on Pinterest

Comparte