A CARRETA PANTASMA

Teatro |Público adulto | 70 Min

SINOPSE

A Carreta Pantasma é un espectáculo singular no que se afonda nos límites entre a narración oral e o teatro. É, por tanto, un exercicio de sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra amplificado con elementos de significación escénica, unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios. A Carreta Pantasma fálanos da morte, do medo e da memoria. Vivimos no inmediato e esquecemos con moita facilidade. Ás veces atopámonos sen saber onde ir, que facer, que pensar, porque perdemos os nosos referentes e xa non nos recoñecemos no espello. A Carreta Pantasma está baseado na lenda popular sueca que deu orixe ao relato de Selma Lagerloff, a primeira muller en recibir un Nobel de Literatura e que o director de cinema nado en Silbodal, Victor Sjöstrom, levaría ás pantallas no ano 1921.

FICHA ARTÍSTICA

Interpretación e dramaturxia: Paula Carballeira
Dirección escénica e deseño de iluminación: Chiqui Pereira
Audiovisuais e espazo escénico: Miriam Rodríguez
Espazo sonoro: Nacho Sanz
Vestiario: Mercedes Torres
Deseño gráfico: Nadina Gráfica

 

FICHA TÉCNICA

*Espectáculo adaptable á dotación técnica de calquera espazo.
Sempre que as dimensións da sala así o permitan desenvolverase
sen necesidade de microfonía. En caso contrario este material
é aportado pola compañía

Pin It on Pinterest

Comparte