¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Galeatro é a primeira compañía de teatro profesional de Carballo. Fundada polos actores Tone Martínez e Alba Bermúdez, ten percorrido gran parte dos centros educativos de Galicia cos seus espectáculos didácticos De Leria con Castelao, O Contador de Contos, Contos no Faiado e O Xogo das Letras. No 2017, coproduce xunto co FIOT, o seu primeiro espectáculo de gran formato Muiñada. Á súa vertente artística hai que lle engadir a súa labor de formación teatral, que no último ano chegou a máis de 200 estudantes. Galeatro nace coa intención de achegar as artes escénicas a un público familiar, contando para isto con dramaturgas galegas vivas coma Ana Carreira ou Paula Carballeira. Con A Arte sen guión pretendemos dar un paso máis na compañía achegándonos ao público adulto e xuvenil sen esquecer as nosas raíces.

ESPECTÁCULOS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar