Actriz e creadora graduada en Interpretación Textual na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Complementa a súa formación como intérprete co posgrao de Xestión e Innovación Cultural da USC.
Os seus inicios neste mundo sitúanse na Escola Base de Talía Teatro. Traballou con diferentes compañías do panorama teatral como pode ser o Grupo Chévere ou de docente nas agrupación escolares de Galeatro. Desenvolveu tamén diversos proxectos propios como: ADOLESCENTES, Dende o baleiro ás ondas ou Costa da Morte: Cartografía dun Naufraxio. Esta última, a estrear neste 2025, lévase a cabo en coprodución co Centro Dramático Galego. En todas elas a dramaturxia, dirección e interpretación, así como a producción, corren ao seu cargo.