Os Náufragos Teatro fai un traballo que vertebra a creación desde a dramaturxia ata a súa posta en escena. O labor do actor/actriz na creación é o eixo fundamental da nosa proposta, así como a procura de novas linguaxes, próxima ao espectador e á actualidade. Entende o teatro desde o encontro e o diálogo do equipo artístico , vinculado desde hai anos e cunha linguaxe común. Unha aposta forte tamén polos creadores galegos. Os Náufragos nace con raíces fortes, cunha traxectoria consolidada dos seus integrantes e cunha vocación de proximidade co público.