Bernardino Martínez e Xosé Leis xuntan os seus camiños e esforzos creando aAntena no ano 2016. aAntena nace coa misión de escoitar e atender esas pequenas historias que fan grande a nosa realidade humana e expón como principio atender á nosa sociedade e á nosa historia para expoñela diante dos ollos da audiencia. Pretende escoitar e falar para todas as idades . O compromiso social e histórico dos compoñentes así como a procura da xeración de atmosferas e novas realidades en escena é o desencadeamento do xerme de aAntena. A compañía traballa en dúas liñas claras: Igualdade e Recuperación do noso patrimonio invisible. Neste 2022 súmanse a recente experiencia de Teatro Comunitario e recollida “As voces das mulleres” e a xestión do Festival Escena Muller apoiados pola Deputación da Coruña. Así como a continuidade do espectáculo “Golpes” coa Secretaría Xeral de Igualdade. Mantendo en cartel o espectáculo sobre a memoria da Costa da Morte “Naufraxios”. En 2025 estrean "Sol Fuerza", unha comedia eco-lóxica que une retranca, memoria e crítica social.