A Banda das Apertas é o formato musical de Magín Blanco acompañado polos músicos Jorge Juncal, Jerry Noia, Suso Lorenzo e a voz de María Faltri. A banda das Apertas conta con anos de traxectoria musicando para o público infantil e familiar as aventuras de A nena e o grilo, descubrindo os seus segredos a través dun bo puñado de cancións coas que Magín Blanco foi creando toda unha comunidade de seareiros e seareiras. O meu país, Don Ramón, A formiga Lúa, Todos somos capitáns ou Rock&roll dragón son algúns dos clásicos que fan cantar e bailar a pequenas e maiores. A Banda das Apertas é unha das propostas musicais preferidas polo público miúdo e polas súas familias.