A illa sen tesouro é unha proposta de teatro de rúa da compañía Ghazafelhos. Apoiados nunha escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, nunha cova e nun valado, reinterpretan coa participación do público os distintos momentos dunha fabulosa aventura de piratas. Música, bailes, espadas e toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible de teatro Ghazafelhos. A revisión dun clásico literario para toda a familia.