¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

TEATRO  /  PÚBLICO INFANTIL  /  60 MIN

A nena e o grilo máis aló é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos, a última e máis recente entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego. Nesta última creación A nena e o grilo corren novas aventuras e se queredes descubrilas teredes que estar atentas! A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña, buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos, onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. A Nena e grilo mais aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas… Que pasa logo da morte? A nena e o grilo máis aló acadou dúas nominacións nos XXIII Premios do teatro María Casares como mellor espectáculo teatral para público infantil e como mellor música orixinal. Resultando tamén finalista nos Premios da música galega Martín Códax na categoría de mellor album para o disco do mesmo nome no que se inspira a peza teatral.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Dirección: Pepablo Patinho
Elenco: Teatro Ghazafelhos e Magín Blanco
Músico en escena: Cristian Leggiero
Música orixinal: Magín Blanco