Unha colaboración entre as narradoras Atenea García e Vero Rilo coas creadoras e pandeireteiras Bouba.
A Bouba das vellas é un espectáculo de narración oral e música que fusiona dúas propostas que percorren a memoria desde o presente. Atenea García e Vero Rilo trasladan ao escenario o legado e a voz das mulleres que non calaron, das que cantaron e bailaron a través dos seus contos. E as pandeireteiras Bouba, ofrecen un concerto co que ir trenzando estas historias cheas resistencia e cantigas.
A Bouba das vellas é unha divertida, emotiva e fermosa proposta protagonizada por seis mulleres referentes enriba dos escenarios: Atenea García, Vero Rilo, María da Pontragha, Carme da Pontragha, Uxía da Pontragha e Maca do Piñeiro.