Unha proposta de narración oral para público adulto de Atenea García e Vero Rilo. Bailen as vellas traslada ao escenario o legado e a voz das mulleres que non calaron, das que cantaron, bailaron e se revelaron. A proposta achega historias de vida recollidas a mulleres galegas e reivindica a literatura, a música e a poesía de transmisión oral protagonizadas por elas mesmas. Disque os contos, coma as cereixas, cando os levas á boca, fan imposible non querer máis. E así, coma a vida e a amizade, funciona esta proposta: botando contos á boca, un tras outro.