DANZA  /  PÚBLICO ADULTO /  55 MIN

Benquerer, querer ben ou quererse ben son algúns dos termos nos que afonda o novo espectáculo do bailador Fran Siera, un só de danza acompañado en directo polo dúo galego Caamaño&Ameixeiras.  BenQuerer é unha peza íntima e emocional que conecta co cotiá, co día a día, e cos nosos procesos de adaptación ante os cambios. Reflexiona sobre como en ocasións asumimos máis do que, quizais, nos pertence. Non fala da felicidade permanente, nin de estar sempre ben: fala de aceptar os momentos nos que o corpo di basta, de coidarse e de aprender a poñer límites.

Nun mundo de constante cambio, nun sistema que premia producir, avanzar, continuar, … podemos permitirnos parar? Podemos mostrarnos vulnerables, sen medo ao xuízo ou a ser vistas como fráxiles?

Desde as marxes e sempre con perspectiva de xénero esta nova proposta de Fran Sieira  ofrece o resultado dun proceso creativo persoal e íntimo, onde a través do seu propio relato convida a reflexionar sobre a importancia do autocoidado emocional, o amor propio e o respecto a un mesmo.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Intérpretes: Antía Ameixeiras, Sabela Caamaño e Fran Sieira
Dirección artística: Fran Sieira e VACAburra (Gena Baamonde e Andrea Quintana)
Coreografía: Fran Sieira e Andrea Quintana 
Música: Caamaño&Ameixeiras 
Iluminación: Fidel Vázquez 
Vestiario: Érica Oubiña 
Espazo escénico: Fran Sieira
Espazo sonoro: Isaac Millán
Dinámica posfunción: Nancy Silva e Thais Núñez 
Fotografía: Aigi Boga