Bosque é un espectáculo musical no que a natureza ofrece un concerto, unha fábula na que os animais e as plantas dun recuncho da terra expresan a sabedoría ancestral a través do seu día a día. Música e teatro para reivindicar a necesidade de coidar os pequenos lugares naturais que cada quen ten ao seu carón. Un espectáculo de Mamá Cabra e Aurora Artes Escénicas.