A Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco, que quere construir ela mesma. Ser patroa non é unha tarefa doada e facer un barco, tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, quen vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH).
Bulebule é unha fermosa obra que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.