¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

TEATRO DE OBXECTOS  /  + 4 ANOS / 40 MIN

Pedras de cartón presenta Carapuchiña Vermella o quinto espectáculo da compañía, no que traballa cun dos clásicos máis populares da literatura infantil. Carapuchiña é un conto de transmisión oral, adaptado posteriormente por Charles Perrault e máis tarde polos irmáns Grimm.

Pedras de cartón toma como punto de partida o clásico para xogar cos contos populares. Nunha vella panadaría, dous panadeiros comezan a súa rutina diaria na que van colocando os pans, os bolos e tódolos utensilios para abrir a tenda. Mais ese día pasan os minutos e ninguén aparece... A partir desta situación a peza xoga a desarmar os contos clásicos que todas e todos coñecemos: Os tres porquiños, Brancaneves, o Parrulo Feo, Pinocho... e a Carapuchiña Vermella.

Carapuchiña Vermella é unha comedia de teatro de obxectos protagonizada por Juan Rodríguez e Leonardo Casado. Un espectáculo que xoga coas diferentes versións da historia, cunha linguaxe sinxela, para toda a familia e ambientada no mundo da panadaría tradicional.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Dramaturxia e dirección: Juan Rodríguez
Elenco Juan Rodríguez e Leonardo Casado
Escenografía: Pedras de cartón