¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

DANZA  /  PÚBLICO ADULTO /  60 MIN

Despois do éxito de DeMente, Fran Sieira Compañía de Danza presenta CEIBE, unha peza contemporánea reflexo do baile e a música tradicional que investiga a relación entre o xénero e a nosa tradición. Ceibe afonda en como o xénero está presente en diferentes ámbitos, incluíndo unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional.

Ceibe trata de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade.  Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara as marxes para, desde aí,  construir novas formas de entender o corpo e o movemento.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Dirección artística: Fran Sieira e Sergio R. Suárez
Acompañamento de dirección: VACAburra
Bailadoras e bailadores: María Montero, Aida Tarrío, André Adrio,
Artur Puga, Patricia Sánchez, Martín Mondragón, Adela Otero,
Cristina Canosa, Adrao Casal
Música orixinal: MounQup (Camille Hedouin) / Carlos Quintá
Iluminación: Fidel Vázquez
Espazo escénico: Laura R. Iturralde
Vestiario: Ërica Oubiña
Espazo sonoro: Isaac Millán
Contrución de escenografía: Nononon.lab
Imaxe e deseño gráfico: Paulina Funes
Fotografías: Aigi Boga
A través das Axudas á Creación Escénica 2023 da Xunta de Galicia.
Coa colaboración da Deputación da Coruña, Concello de Ribeira,
Concello de Ames, Concello de Cangas, Fundación Cidade da Cultura
de Galicia, A Casa Vella, Codisoil SA.