¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

ESPECTÁCULO MUSICAL  /  INFANTIL E FAMILIAR (+3)  /  60 MIN

Coa pandeireta na ma é un espectáculo pensado para achegar aos máis pequenos e pequenas á riqueza da música tradicional galega e á importancia da tradición oral en galego. Con este proxecto, María Faltri quere render homenaxe ás cantareiras e á cultura popular galega, transmitindo a súa esencia de xeito lúdico e participativo.

María Faltri (voz, pandeireta e guitarra) acompañada por Berto Rodríguez (guitarra e acordeón) guiará aos asistentes nunha viaxe pola música galega, ofrecendo un repertorio de cancións emblemáticas da música tradicional. A través de xogos de repetición, bailes e brincadeiras, as nenas e nenos terán a oportunidade de recoñecer parte da historia popular e tradicional da nosa música, facendo súa a importancia da tradición oral.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Voz, guitarra e pandeireta: María Faltri
Guitarra e acordeón: Berto Rodríguez

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar