¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

TEATRO E NARRACIÓN ORAL  /  +2 ANOS /  35 MIN

Comenoites está baseado no álbum infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Unha bonita historia coa que os nenos e as nenas descubrirán o segredo de por que existen o día e a noite. Comenoites é un trasgo regordete que come todo tipo de noites para que o Sol poida saír cada día, traendo luz, calor e cor para todos. Unha noite a súa amiga a Lúa coméntalle que se está a poñer gordinflón e Comenoites deixa de comer. Nunca volverá a saír o Sol! Tan só unha estrela pode abrirlle novamente o apetito. Ti tes unha estrela? Volverá a saír o Sol?

Dramaturxia: Gustavo del Río
Actor/narrador: Gustavo del Río