NARRACIÓN ORAL E MÚSICA /  1ª INFANCIA  /  40 MIN

Cris de Caldas e o músico Miguel Froján ofrecen contos para a primeira infancia. Propostas de narración oral e música dirixidas ás máis pequenas da casa.

Pan de Broa. Nova proposta que homenaxea aos ditos e diretes, ás cancións e aos poemas que. Un  espectáculo-obradoiro que xira en torno aos cantos e contos que máis lles prestan aos pequenas e pequenos das familias: un contacontos musical que nace das lembranzas .

A avoa Mariña. Parece unha día calquera pero por primeira vez o bebé ten que separarse da súa mamá. Queda ao coidado da avoa Mariña quen, entre contos e xogos, vai acompañando o paso do día. Chega á noite e o bebé precisa un arrolo para durmir. Lembrará algún a avoa Mariña?

Comerá o bebe? Era unha vez un bebé que uns días comía e outros non. E unha mamá moi optimista que quería que o seu bebé comera. Que fará a mamaá para que o bebé coma? Para sabelo, teredes escoitalo!

Kenka un kenko. Ese momento tan fermoso ao final do día onde os nenas e os nenos reclaman unha historia que as acompañe nos soños. Este é o xermolo deste espectáculo cheo de contos para durmir.

Narradora: Cris de Caldas
Música: Miguel Froján