Cris de Caldas e o músico Miguel Froján ofrecen contos para a primeira infancia. Propostas de narración oral e música dirixidas ás máis pequenas da casa.
Pan de Broa. Nova proposta que homenaxea aos ditos e diretes, ás cancións e aos poemas que. Un espectáculo-obradoiro que xira en torno aos cantos e contos que máis lles prestan aos pequenas e pequenos das familias: un contacontos musical que nace das lembranzas .
Tantarantiña: Este repertorio nace do amor pola tradición popular e polas historias eternas. Do escoitar, do contar, nace esta recompilación que reúne contos pequenos, rimas, arrolos e xogos de palabras da tradición oral, deses que se contan coa voz, co ritmo e, ás veces, cunha boa gargallada polo medio. Algunhas son historias herdadas e outras, os contos favoritos de xeración en xeración. Todas elas pensadas para os primeiros oídos curiosos.
A avoa Mariña. Parece unha día calquera pero por primeira vez o bebé ten que separarse da súa mamá. Queda ao coidado da avoa Mariña quen, entre contos e xogos, vai acompañando o paso do día. Chega á noite e o bebé precisa un arrolo para durmir. Lembrará algún a avoa Mariña?
Comerá o bebe? Era unha vez un bebé que uns días comía e outros non. E unha mamá moi optimista que quería que o seu bebé comera. Que fará a mamaá para que o bebé coma? Para sabelo, teredes escoitalo!
Kenka un kenko. Ese momento tan fermoso ao final do día onde os nenas e os nenos reclaman unha historia que as acompañe nos soños. Este é o xermolo deste espectáculo cheo de contos para durmir.