Coreografías dun DeMente é unha adaptación DeMente, o espectáculo longo da compañía de danza Fran Sieira, pensado para ser interpretado en rúa pero tamén en teatro ou en espazos non convencionais. A peza ten unha duración de 30 minutos nos que se concentra a esencia das coreografías de DeMente. Coreografías dun DeMente foi seleccionado no programa Danza a Escena formando parte do catálogo nacional de danza, e ten participado en festivais como o Festival Sismográfic de Olot ou o Festival corpo(a)terra de Gondomar.