Unha proposta de teatro unipersoal dirixida ao público adolescente e adulto. Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar ás persoas que xa non están e para poñer en valor e visibilizar ás que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron… Para que as súas historias non caian no esquecemento.
Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón en coprodución co Centro Dramático Galego. A proposta conta cun formato accesible en lingua de signos coa intérprete Gema Santos.