Espectáculo de pequeno formato inspirado no Parrulo Feo de Hans Cristhian Andersen. A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, pero un día sae un parrulo diferente...
Feo! é un canto á diversidade e a esencia de cada quen, unha comedia de Caramuxo Teatro para toda a familia.