Que se pode esconder nun escuro castelo perdido nas montañas? Pode que algo que non quere ser descuberto, ou pode que algo que espera que o descubran. Unha aventura nas entrañas dun castelo onde os investigadores, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío investigan si o lexendario monstro de Frankenstein existe ou non. Con unha impresionante escenografía e grandes sorpresas, o público descobre unha aventura que ten pinceladas de cine negro e debuxos animados. Frankenstein é un clásico da literatura, do cine, do teatro e dos musicais, é una obra que sempre está vixente. Nesta ocasión Ghazafelhos fai unha adaptación do clásico de Mary Shelley para o público familiar, afondando na idea da monstruosidade á que pode chegar o ser humano por buscar a perfección, unha ollada á diversidade a través da aceptación dun mesmo e da aceptación dos e das demais.