Pamela é unha moza que ven de sufrir violencia machista. Pamela xa pode falar dos golpes que recibiu. Pamela namorou crendo nos postulados do amor romántico. Pamela expón como foi entrando, nese círculo , e cuestiona como en España todo segue a ser desigual para homes e mulleres. Pamela recibiu moitos GOLPES , pero o máis grande foi verse a si mesma mudada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase por onde foi golpeada. GOLPES é a vida de Pamela, unha rapaza que nos conta a súa vida, os seus soños, como era romántica, que aprendeu dunha relación que non debeu vivir. Tratando e previndo a desigualdade dende onde nacen as relacións (a adolescencia). GOLPES é un espectáculo directo, cercano, que xoga co impacto directo da posta en escena, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía. Apoia só no “savoir faire” da actriz, quen incorpora múltiples personaxes diante dos nosos ollos.