TEATRO DE RÚA /  PÚBLICO FAMILIAR /  50 MIN

Tres feirantes percorren o mundo co seu carromato contando vellas historias da cultura popular que removerán pesadelos nos incautos oíntes. 

Coincidindo co seu 20 aniversario, Teatro Ghazafelhos recupera un dos seus primeiros espectáculos de rúa facendo uso do seu característico humor. Repasarán historias como as de A Cabra Montesina, As Lavandeiras, a Santa Compaña... A participación do público será imprescindible para poder representar estas historias para escagarriñarse, un espectáculo cómico de rúa para todos os públicos.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Texto e dirección Pepablo Patinho
Idea orixinal Teatro Ghazafelhos
Elenco Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho
Vestiario Montse Piñón
Efectos sonoros e musicais Jorge Casas
Escenografía e atrezzos Ghazafelhos
Deseño de Luz Ana Díaz