MarabiJoshua é un espectáculo de maxia de rúa para todos os públicos pensado para gozar en familia. Nesta proposta, o ilusionista Joshua Kenneth amosa a súa faceta máis excéntrica cunha selección de impactantes números visuais de mentalismo e prestidixitación. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que convida ao público a entrar nun mundo tolo onde nada é o que semella…