Espectáculo de teatro de bonecos e creación sonora en directo: un conto de arrolos para a primeira infancia. Nesta ocasión, Xarope Tulú únese á dramaturxia, música e voz en directo da escritora e xornalista radiofónica Xiana Arias. O resultado é unha sensorial e coidada proposta para ás máis pequenas cunha fermosa escenografía adaptable a todo tipo de espazos.
Fedello é un bebé que non durme. Parece lle teme á Noite. Pero a Noite só quere coidalo e que descanse e envía dúas amigas para que lle axuden durmir: Meco Sono. Cando Fedello di: “teño meco, teño sono’” aparecen as dúas ao seu carón para mecelo e cantarlle uns arrolos.