¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

TEATRO /  +5 ANOS /  50 MIN

Tori é unha nena que vive no rural galego. A Tori encántalle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu-jitsu, as películas de Bruce Lee, Jackie Chan. O seu soño é ser unha Ninja e adestra todos os días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha auténtica Ninja. Tori descobre que no seu colexio hai moitas nenas e nenos que queren ser invisíbeis. Coa axuda do seu veciño o señor Edelmiro, Tori conseguirá que os nenos e as nenas se fagan visibles e cambiar así as tornas na escola. Ninja é unha obra coa que abordamos o acoso nas escolas a través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre a tolerancia, o respecto e a diversidade e coa que queremos amosar que un dos pasos máis importante para resolver un problema é facelo visible. A peza foi finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2023.

GALERÍA DE IMAXES

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Dirección: Pepablo Patinho
Vestiario: Ghazafelhos
Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho
Escenografía e atrezzos: Ghazafelhos