¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

NARRACIÓN ORAL E MONICREQUES  /  +5 ANOS /  50 MIN

Novos lobos é un espectáculo de narración oral e monicreques no que se toca o tema do xénero desde a perspectiva das novas masculinidades. Deconstrúense nel algúns contos da literatura popular para adaptalos a esta nova ollada, nunha tentativa de ofrecer ferramentas conceptuais ao alumnado que axuden a prever a violencia de xénero. O espazo no que sucede a acción é un pequeno refuxio da montaña no que un pastor está coidando das súas ovellas (o público). Novos lobos é tamén unha homenaxe á escritora galega Rosalía de Castro, tomando como referecnia o Poema de Xan, Fantoches Baj crea esta fermosa historia.

Na soidade da montaña, ao pé dun minúsculo refuxio contra a chuvia e o vento, un pastor cóntalle as súas ovelliñas contos de novos lobos. Lobos que xa non meten medo como o lobo de San Froilán, quen trocou a súa ansia devoradora de carne pola dos libros, ou o lobo a quen lle gustaba a música e non comeu a avoíña do carapuchiño porque esta lle cantou unha canción, ou o conto do lobo e do seu eterno inimigo, o raposo, aos que amosarse a súa amizade e afecto lles axuda a que todo lles vaia mellor.



GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Autor e director: Inacio Vilariño
Actor/manipulación: Inacio Vilariño