¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

NARRACIÓN ORAL E MONICREQUES  /  +3 ANOS /  50 MIN

O tranvía Leonardo é un espectáculo de narración oral para a infancia con marionetas e música no que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galicia, que, como era lento, sucio, pequeno, estreito e descarrilaba a míudo, foi motivo de mofa e protagonista de innumerabeis cancións e anécdotas.   A música é o fío conductor deste espectáculo no que se cantan acompañados de caixa de música e reque reque as seguintes cancións: Caramba!, O trole do tranvía, Chucurruchú, O miudiño, Tango do billete, Romance de Guillermo, A Maturragaina e O trabalínguas das trisílabas.


Pepe Tafall, xefe do tranvía de Marín a Pontevedra e ademáis cómico amador e dramaturgo, conta a historia do tranvía Leonardo desde o seu nacemento en Bruxelas ata a súa vellez, coa intención de que o propietario, o Marques de Riestra, o xubile e lle dea o seu merecido retiro. Ademáis das historias do tranvía Leonardo, Tafall, conta algunhas das anécdotas máis simpáticas dos seus tripulantes: Moncho o maquinista e Ramón o do fogón; e dalgúns dos seus pasaxeiros mais famosos: Xosé Echegaray, o médico Guillermo, a cega Morcega, a mestra Trini Trapa e o “loro Ravachol”.

GALERÍA DE IMAXES

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Autor, dirección e actor: Inacio Vilariño