O pracer do azul, cartas no vento é un espectáculo musical e narrativo para público familiar que conta, dun xeito sinxelo e poético, a historia de Circe e Penélope tal e como a reimaxinou Begoña Caamaño nos seu libro ‘Circe ou o pracer do azul’. A través das cartas que viaxan no vento desde a illa de Eea ata Ítaca, dúas mulleres que comezan como rivais constrúen unha relación de afecto, respecto e crecemento persoal, descubrindo a forza da palabra compartida. Música, palabra e cancións nun encontro participativo.
Espectáculo narrativo e musical de 50 minutos para público familiar a partir de 6 anos, interpretado por María Faltri e Denise Armas.