CIRCO  /  TODOS OS PÚBLICOS / 50 MIN

Nun mundo feito de libros, alguén ordena ringleiras perfectas nunha rutina acompasada, sen fendas. Un volume, outro, outro máis… Ata que un día, un libro cae e con el derrúbase a orde: comeza así unha viaxe inesperada guiada polo desexo de ver o mar.

Oh! é o novo espectáculo de AsSircópatas, unha peza de circo e danza para público familiar, sen palabras e con música en directo. Un universo onde a escenografía se transforma e acompaña cada descubrimento. Unha viaxe sorprendente que nos lembra que, ás veces, abonda un pequeno xesto para que todo cambie.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Actor: Dani Blanco
Músicas en escena: Nerea Carpente e Alicia Root
Dirección: Paula Quintas
Axudante de dirección: Arturo Cobas
Escenografía: Salva Neira
Vestiario: María Dobronich e Alicia Root