¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

ESPECTÁCULO MUSICAL  /   50 MIN

Mamá Cabra fai un casting musical entre o público miúdo. Búscanse músicas e músicos con enerxía de cabra, ritmo de cabra e moitas, moitas ganas de facer a cabra! Cancións para movernos, para bailar, para cantar. Un repertorio interactivo  que busca a participación e o xogo con música. Cantos para non deixar nunca de ser nenas e nenos. A proposta pode adaptarse para primeira infancia ou para público familiar.

Voz e guitarra Gloria Mosquera
Acordeón e voz Diego Maceiras