TEATRO  /  + 4 ANOS / 40 MIN

Os Senteito é o novo espectáculo de Caramuxo Teatro, unha comedia con máscaras e sen texto, protagonizada por Laura Sarasola e Juan Rodríguez, que aborda a importancia da convivencia entre diferentes e o dereito á vivenda. 

O señor Senteito vive nun pequeno contedor nunha pequena parcela do seu mundo vendo o día a día pasar. Un día chega a señora Senteito e a súa rutina mudará para sempre... Unha proposta adaptable a todo tipo de espazos en interior e exterior. 

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Dramaturxia, dirección e elenco: Laura Sarasola e Juan Rodríguez
Escenografía: Caramuxo Teatro