A Gramola Gominola cumple 10 anos! e «¡Parabéns para nós! 10º aniversario», é o nome do seu novo espectáculo onde celebrarán ao grande estes dez anos de música, humor e rock&roll.
Este novo espectáculo rockeiro estará cheo de sorpresas en forma de agasallos musicais cunha revisión dos temas máis coñecidos e máis reclamados polo público gramoleiro. Estará asegurada a diversión e a participación para que a experiencia do concerto sexa moi festiva, emocionante e enérxica á altura dun 10º aniversario! Como non pode ser doutra forma, A Gramola Gominola seguirá a transmitir mensaxes en prol da igualdade, a lingua, o ecoloxismo e a educación.