¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

ESPECTÁCULO MUSICAL  /  + 3 ANOS  /  50 MIN

Paxaro Amigo (Músicas para a Paz) é un espectáculo que xunta música e teatro nunha mesma celebración. Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picóns por todo o corpo, dende o cocote ata a punta do pé. Discordia goza facendo que todos os animais e os humanos se leven mal. Menos mal que ten unha curmá fada, pois xa se sabe que na familia haiche de todo… Un día algo acontece que cambiará o seu mundo para sempre. Un espectáculo de Mamá Cabra con texto e dirección de Pepablo Patinho e  inspirado no libro de Mamá Cabra “A Bruxa discordia”, unha proposta cargada de mensaxes que inciden nun mundo mellor.

Guión e dirección Pepablo Patiño
Actor Luchi Iglesias
Voz e guitarra Gloria Mosquera:
Baixo Tomi López
Teclado e acordeón Diego Maceiras
Violín Harry Prince