¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

ESPECTÁCULO MUSICAL  /  INFANTIL E FAMILIAR (+3)  /  60 MIN

Soñando inventei é un espectáculo musical no que a través da escolla de cancións se traballa o tema da diversidade e a igualdade de xénero. As cancións que se interpretan forman parte do libro disco “fantasía coas palabras” publicado pola editorial Galaxia. Con esta aventura emprenderemos unha viaxe emocional ao centro dos soños, unha proposta onírica e valente que mestura música e poesía para nos falar de personaxes femininas que soñan con sentirse en paz e liberar os seus segredos, personaxes que non queren ser xulgadas polo seu aspecto ou identidade, libres para ser elas mesmas e chegar a tocar a lúa.

Voz e interpretación: María Faltri
Música: Berto Rodriguez