O novo espectáculo de Inventi Teatro para todos os públicos ven cargado de maxia, circo e moita diversión! Despois dunha xogada do destino os protagonistas desta historia, afogados polas débedas e pola precariedade inmobiliaria, deciden facerse coas pertenzas dun antigo circo para probar sorte no mundo do espectáculo. Grazas á ilusión e á súa amizade inquebrantable converteranse nos artistas máis sorprendentes da pista… aínda que nada saia exactamente como estaba previsto. Gocen da función!