Voo é o novo espectáculo de Teatro O Cubo, unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Inspiradas por esta utopía, dúas personaxes lanzaranse á procura do ceo envolvendo ao público na ingravidez e na fantasía. Comezarán con ilusión e asombro, entrará en xogo a esixencia e a avidez polo éxito e pasarán por a outros lugares como a convivencia, a amizade e o descubrimento do goce de soñar alto sen ter que gañar ou perder. A danza, a música, o movemento, a poesía visual e a comicidade están presentes en todo momento, facendo desta proposta unha viaxe para os sentidos.