DANZA E TEATRO FÍSICO  / +3 ANOS  /  45 MIN

Voo é o novo espectáculo de Teatro O Cubo, unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Inspiradas por esta utopía, dúas personaxes lanzaranse á procura do ceo envolvendo ao público na ingravidez e na fantasía. Comezarán con ilusión e asombro, entrará en xogo a esixencia e a avidez polo éxito e pasarán por a outros lugares como a convivencia, a amizade e o descubrimento do goce de soñar alto sen ter que gañar ou perder. A danza, a música, o movemento, a poesía visual e a comicidade están presentes en todo momento, facendo desta proposta unha viaxe para os sentidos.

Espectáculo recomendado por Camino Escena Norte 2026
Espectáculo programado en Galicia Escena Pro 2026

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Elenco: Sofía Espiñeira López e Uxía Algarra Cajide
Dirección: Roberto C. Mouriño
Vestiario: Carmen Pichel
Música: Paulo Medal e Brais das Hortas
Foto e vídeo: Diego Bea Besada